A seguinte parada do seu proxecto Diverescola será o CPI As Revoltas de Cabana
11 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.Tras as vacacións de Nadal, a asociación Íntegro retoma hoxe as actividades do seu programa Diverescola, unha iniciativa incluída no proxecto Capacíta-T e pensada para achegar aos máis pequenos a diversidade e a inclusión a través do xogo e o entretemento.
Ten lugar en diferentes centros educativos da Costa da Morte, e tras pasar polo CPI de Zas, o pasado mes de decembro, hoxe recalará no CPI As Revoltas de Cabana, mentres que o xoves será a quenda do CEIP O Areal de Camariñas.