O PP pretende levar o «modelo Feijoo» tamén a Camariñas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

SANDRA ALONSO

26M: As MUNICIPAIS | O secretario xeral do PP Galego, Miguel Tellado, estivo onte no mitin de Camariñas arroupando ao candidato Mauricio Aufiero

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O secretario xeral do PP Galego, Miguel Tellado, estivo onte no mitin de Camariñas arroupando ao candidato Mauricio Aufiero. Propuxo tamén para o municipio soneirán o modelo do PP de Galicia, «de rigor, de estabilidade e de seriedade» e asegurou que quen mellor o encarna é Alberto Núñez Feijoo, aínda que «en cada concello temos un representante dese modelo», sinalou.