
Acompaña a expedición o tenente de alcalde, José Ramón Martínez Barbeito
13 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Oito mozos do municipio da Laracha de entre 18 e 30 anos participan estes días —dende o 8 de xullo ata o martes que vén— nunha viaxe de intercambio xuvenil en Tiflis, capital de Xeorxia. Coa expedición bergantiñá participa tamén o tenente de alcalde, José Ramón Martínez Barbeito. Intégrana ademais mozos doutros concellos coruñeses, como Rois ou Tordoia. Organiza o Centro de Lengua y Cultura Española Carmen, e o Concello da Laracha colabora co ánimo de ofrecer oportunidades aos mozos de coñecer países, idiomas e culturas.