O Concello da Laracha licita a compra dun vehículo como punto limpo móbil

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A LARACHA

ANA GARCIA

Investirá niso 82.000 euros

02 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello da Laracha licita a compra dun vehículo «pick up» 100% eléctrico, dotado con caixa fixa e guindastre, que realizará labores de punto limpo móbil. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 15 de xullo. A documentación está xa dispoñible na plataforma de contratación do sector público. O prezo máximo de licitación ascende a 82.000 euros.