0003_202405C13C2997
0003_202405C13C2997

Pleno de público e de éxito no Festival de Humor da Laracha

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

ANA GARCÍA

As entradas da próxima actuación, o xoves, con Moncho Borrajo, xa están esgotadas

13 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Festival de Humor da Laracha vai a máis. O primeiro espectáculo desta décima edición obtivo un pleno de público e de éxito. Quen Contaba?, de Izquierdo Sisters, abriu un programa que cada vez ten maior reclamo, como apunta a edila de Cultura, Patricia Bello . A Lucía Veiga e Marita Martínez sumouse Patricia Castrillón, que xogaba en casa pola súa relación laboral coa Laracha.

As entradas da próxima actuación, o xoves, con Moncho Borrajo, xa están esgotadas. «Hai xente que xa está esperando a chegada do festival», apuntaba onte Patricia Bello . Tratan, explica, de traer espectáculos variados, estilos diversos e segundo chanzos de idades co fin de chegar todo o mundo. «Unos gustan máis ca outros, pero a xente responde», afirma.