Nace un novo club de fútbol na Laracha, o Xuventude

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

BASILIO BELLO

Presídeo Julio Álvarez Ríos, ao que acompañan seis persoas

29 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O fútbol larachés sumará a próxima tempada unha nova entidade, o Club Xuventude Laracha. Acaba de crearse e de darse a coñecer. Presídeo Julio Álvarez Ríos, ao que acompañan seis persoas: o vicepresidente, José Ricardo Cotelo; o secretario, Pablo Corral ; o tesoureiro, Pedro Rey , e os vogais Azucena Mariña, Luciano Gómez e Antonio Franco.

Botará a andar na Terceira Galicia, e nace coa pretensión de crear equipos en todas as categorías, segundo avanzaron. A súa actividade desenvolverase no campo municipal da capital.

«Traballaremos con toda a ilusión e humildade para poder ofrecer un proxecto atractivo para todos os rapaces e as rapazas do concello, para que sexan a pedra angular da entidade», indican.

Agradecen o apoio recibido das empresas e as persoas interesadas no proxecto e, desde xa, ponse a traballar no mesmo.