A Laracha planea mellorar a accesibilidade do polígono e auditar a rede de abastecemento

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

ANA GARCIA

O Concello tamén concorrerá a unha axuda para seguir renovando o Sendeiro do Saldoiro de Caión

08 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A xunta de goberno local da Laracha acordou concorrer a varias convocatorias de axudas da Xunta. Primeiramente, a unha da Consellería de Economía e Industria para sufragar un proxecto de mellora da accesibilidade e a mobilidade no polígono.

As actuacións serían na zona sur e consistirían na apertura dunha nova vía que conecte o acceso principal co aparcadoiro, para así non ter que circular polas vías interiores e desconxestionar o tráfico. Tamén se faría un novo tramo de beirarrúa entre ese punto e o viveiro, onde tamén se acondicionaría a contorna habilitando un aparcadoiro para vehículos.

Paralelamente, solicitaranse fondos a Turismo de Galicia para unha segunda fase da mellora dos elementos de protección do Sendeiro do Saldoiro caionés (89.000 euros), e pedirase unha axuda a Augas de Galicia para realizar unha auditoría da rede de abastecemento municipal (11.500 euros).