Novo adestrador do Paiosaco feminino e abonos para o Laracha

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

paiosaco

Diego Fernández ten experiencia en categorías nacionais

24 jul 2021 . Actualizado ás 16:46 h.

O equipo feminino do Paiosaco contará con Diego Fernández como novo adestrador. Fernández ten experiencia en categorías nacionais en clubs como o Orzán ou o Friol. Doutra banda, o Laracha anunciou os prezos para facerse socio de cara á próxima tempada. O custo dos abonos oscila entre os 20 e os 100 euros, e os interesados poden chamar ao 638778059 ou ao 618122189.