A ruta «Paiosaco sabe a tapas» deixou un regueiro de premios entre os clientes

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

BASILIO BELLO

Máis dunha trintena de obsequios foron sorteados entre quen probaron as creacións

17 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Paiosaco estreou esta pasada fin de semana a súa ruta «Paiosaco sabe a tapas», e con bo sabor de boca. Mellor, se cabe, tivérono os clientes afortunados cos premios que se sorteaban, doados polos propios locais hostaleiros e por empresas colaboradores. Había ao redor dunha trintena de obsequios e, onte, fíxoselle a entrega a aqueles que puideron acudir.