Usuarios de Íntegro, da man de Diversiplás, limpan de plásticos a praia de Ou Pendón de Cabana

CARBALLO

A seguinte parada será este mércores, día 17, no areal da Cruz, Muxía
14 sep 2025 . Actualizado á 17:35 h.«A maior parte do recollido estaba moi degradado e non o podemos reempregar, tirarémolo nun contedor específico. Sobre todo eran cordas de cor verde e restos de plásticos». Así resumiu Noelia Barreira Castiñeira, directora do Centro de Recursos de Íntegro, a primeira xornada de limpeza de praias promovida pola entidade de Nantón da man do proxecto Diversiplás.
Ata o areal de Ou Pendón, en Cabana, acudiron unha vintena de persoas, entre usuarios de Íntegro e voluntarios de todas as idades.
«Foi unha experiencia enriquecedora, porque ademais dunha labor sustentable e medioambiental aportamos o noso grao de arena na concienciación de ter os nosos espazos públicos limpos de lixo», apuntou a directora de Íntegro.
Ou Pendón foi a primeira parada, pero o colectivo cabanés xa ten conformado un programa de traballo, que terá a súa continuidade este próximo mércores, día 17, na praia da Cruz (Muxía) e que proseguirá por Carballo e Camariñas.
Esta iniciativa de Íntegro vai da man de Diversiplás, unha proxecto que conta cunha subvención de 34.681 euros, que promove a integración sociolaboral de persoas con diversidade funcional a través da valorización de residuos plásticos. A Unión Europea achega o 70% dos fondos e a Xunta , o 30 % restante.