O defensa Amin xa é novo xogador do Bergantiños FC

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Disputou nove partidos con Marrocos sub-20

29 jul 2025 . Actualizado á 21:08 h.

Amin Mustapha Rajouani Mansri, Amin, de Foz, de 20 anos, convértese en novo xogador do Bergantiños Fútbol Club. Xoga de defensa e na pasada tempada formou parte do Manchego Ciudad Real e do Gran Peña, ambos, en Terceira Federación. Antes estivo no Deportivo de División de Honra xuvenil e formouse no Lugo. Tamén disputou nove partidos con Marrocos sub-20, encaixando cero goles, informa o club carballés.