
Era de Vilagarcía, criado en Santiago e moi vinculado a Bergantiños
14 jul 2025 . Actualizado á 19:00 h.Guillermo Romero Tobío faleceu este domingo en Londres, onde residía (agora, no norte da cidade) desde hai vinte e un anos (tiña 64), e onde traballaba na área de limpeza mecánica dun hospital. Deixa un fillo, Iván, que tamén residiu durante moito tempo na capital británica. Sobre as exequias aínda é pronto para saber datas ou actos, dada a complexa burocracia do Reino Unido cos traslados dos falecidos a outros países.
Guillermo «era unha persoa moi querida e cheo de vida», apuntaba hoxe un amigo, co que tiña moito trato. Viaxaba a miúdo a Galicia, onde pasaba días na súa área familiar, nun piso en Cabana, e en Carballo, doe tiña un bo grupo de amigos. Moi participativo en todo tipo de actividades, optimista por natureza, hai apenas oito días relataba a La Voz, nunha bar de Camden Town, as súas impresións sobre os case cinco anos desde que se aprobou o brexit.