
Está impulsado pola cooperativa Azul mais Verde, coa colaboración de Aspadex
01 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.Dende onte está en marcha en cinco praias da zona o proxecto Espeteiras Comunais na area: tempos para compartir, impulsado pola cooperativa Azul mais Verde, coa colaboración de Aspadex. Unha iniciativa que foi premiada no primeiro Certame do Fondo de apoio a proxectos singulares para a mellora social 2025 da Deputación da Coruña.

O traballo incide sobre «a recuperación do imaxinario popular galego, o coidado comunitario, medioambiental e social», e pode verse nos areais de Boca do Río (Carnota), O Ézaro (Dumbría), Quenxe (Corcubión), Estorde (Cee) e Sardiñeiro (Fisterra).

Son cinco espeteiras eses mobles abertos dos que penduran raños, pas, palas, pelotas ou sellas: máis de trinta obxectos de xogo, en torno aos que haberá obradoiros a través dos programas de lecer dos concellos colaboradores, recuperando valores comunitarios.