Moitos xeitos de achegarse á Costa da Morte este sábado de xuño

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

El Combo Dominicano estará esta noche en la verbena de Baíñas, Vimianzo
El Combo Dominicano estará esta noche en la verbena de Baíñas, Vimianzo BASILIO BELLO

¿Busca plan para hoxe? Aquí ten unha boa remesa deles, e principalmente festa. ¡Non perda nada!

14 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Sábado 14 de xuño e mil e unha citas para hoxe na Costa da Morte:

CamariñasAndaina contra o cancro, con saída ás 16.30 dende Camelle. Organiza a xunta local: 5 euros adultos, 3 nenos de ata 12 anos. Achéguese para poder colaborar.

Carballo • No Casino, ás 12.30, presentación do libro As Vellas de Mens, de José Manuel Fernández Pensado. Para a tarde, ás 18.30, neste mesmo espazo, a asociación O Curruncho Cuir organiza «un espazo para pensar, sentir e celebrar dende as marxes». Mesa coloquio con posterior festa inclusiva.

Oza (Carballo) • Carroa da Escola do Alprende, a partir das 22.00 horas no centro social.

A LarachaOrganiza o Concello larachés para hoxe un roteiro para coñecer a historia das antigas telleiras do municipio. Os inscritos sairán ás 09.30 da praza Les Sables. Guía Xabier Maceiras.

BaioEntre as 10.30 e as 13.30, xornada de portas abertas da asociación ecoloxista Adega, que festexa os 20 anos do seu Proxecto Ríos, programa de voluntariado ambiental. Será na Carballeira de Baio, con apoio da Deputación e do Concello.

MalpicaÁs 12.00, no Centro de Artesanía e Tradición de Buño, presentación do libro Somos pandeireteiras, de Mercedes Peón, Ana Romaní, Selina Otero, Andrea Nunes, María Reimóndez, Susana Sanches e Natalia Balseiro.

Baíñas (Vimianzo) • A verbena desta noite corre a cargo de Fátima Pego e da orquestra El Combo Dominicano. Tamén de Disco Full & David Expósito. Haberá misa ás 13.00 e vermú co grupo D’Festa.

CeeFestas de San Antonio en Xallas. Alboradas e pasarrúas co grupo de gaitas O Sib do Solpor, procesión a pé e motorizada a partir das 12.00 horas e logo misa na capela veciñal. Sesión vermú con Judith Cundíns e verbena con CDC e a orquestra portuguesa Funçao Públika.

MuxíaNovo concerto no cámping Lago-Mar, desta volta ás 13.00 horas, co portugués Homem em catarse: poesía, maxia e saudade.

CorcubiónÁs 12.00, na Casa da Cultura, presentación do libro Brincadeiras poéticas, un proxecto da man da Fundación Plácido Castro editado por Jacobo Domínguez e Xulio Ríos. Reúne a obra poemas íntimos de Plácido Castro. Tamén en Corcubión, ás 12.00 no Casino, presentación do libro Nao cetácea, de Xosé Iglesias. Acompañarao Pepe de Olegario.

CoristancoClausura del curso en la EFA Fonteboa, con entrega de diplomas, apadrinamiento, distinciones y más. A partir de las 11.30.

LaxeFestas no Aprazadoiro, con misa ás 13.30, vermú co dúo Show e verbena con Panamá Band e disco Impacto.

CercedaA maiores do Son do Campiño —ver máis abaixo—, son as festa de San Antonio, con vermú ás 14.30 e verbena das 23.00 en adiante co grupo Bomba e Impacto.

Coristanco • Na Aguadada, máis festa por San Antonio, con vermú e verbena a cargo da orquestra Alianza. En Centiña, misa ás 13.00 e vermú e verbena con Alaska, sumando para a noite DJ Rokiño.

Corme Aldea • Pasarrúas con gaiteiros, misa ás 13.30, vermú co dúo Charada e verbena con Charada e Chocolate.

A Graña • En Ponteceso, San Bernaldo, con pulpada amenizada por Eclipse e Toni Garco.

Buño • Misa ás 13.00, vermú con Veneguay, maratón de tute ás 17.00 e verbena con Veneguay e máis Full & Roy.

ZasFestas de San Adrián de Castro, con misa ás 13.00 e vermú e verbena con Mar de Arousa, ademais da disco CDC.

Begoña Fernández é a responsable da Galería Stoupa de Cee
Begoña Fernández é a responsable da Galería Stoupa de Cee ANA GARCIA

Galeoska, na mostra colectiva #9AnosStoupando, que abre hoxe

12.00 horas • Galería Stoupa (Cee) • Vai camiño xa de ser tradición —ou xa o é— a exposición colectiva que a galería Stoupa de Cee promove cada verán. Acádanse de feito os #9AnosStoupando, e a mostra programada inaugurarase hoxe mesmo, ás 12.00 do mediodía. Leva por título Paisaxes e, segundo indican dende a galería, contan coa honra de presentar a un destacado grupo de artistas que se agrupan baixo o nome de Galeoska. «A exposicion estará enriquecida pola participación da maioría dos integrantes provenientes da Costa da Morte, que achegarán o seu talento e visión única a esta vibrante mostra artística», detallan. Josecho González, Fernando Cobo, Maribel Castiñeira (XMÑ), Isabel Soutullo, Loli España, Luísa Paz, Sergio Ribeiro e Martina Bugallo achegan talento a esta proposta. Galeoska é un grupo de artista galegos de diferentes disciplinas que se agrupan arredor dunha mesma paixón, a arte. O colectivo naceu no 2018, da man de Martina Bugallo e Sergio Ribeiro. Promoven xornadas formativas, sesións de traballo, mostras colectivas, feiras de arte e mesmo unha revista. Stoupa, para quen queira acudir á inauguración, está situada no 23 da rúa Campo do Sacramento.

Zënzar pechará os concertos deste sábado en Cerceda
Zënzar pechará os concertos deste sábado en Cerceda PixelinPhoto

O Son do Campiño, contracultura para este sábado dende Cerceda 

Poesía, beatbox, rock, punk e moito máis. Todo iso haberá este sábado 14 de xuño, dende as 13.30 ata as 22.30 horas, en Cerceda, como parte do «ensaio festa» O Son do Campiño. A primeira edición deste encontro cultural independente, nacida dende o colectivo Komando Kultural Rabudo, coa complicidade de Zënzar e ao apoio de todas as bandas afincadas en Cerceda, vai ser compromiso lingüístico, político e cultural. Nace esta nova festa con tres obxectivos:

  • Visibilizar a creatividade cultural e facer confratenidade, ao considerar que nin institucións nin colectivos políticos o están facendo.
  • Contracultura e autoxestión, rachando «coa moda capitalista actual de macrofestival, macroescenario no que sempre actúan as mesmas bandas de maneira monótona e repetitiva». Un Son do Campiño, este, sen apoios económicos, pero sí con compromiso dos partipantes. Neste senso, chaman a institucións e colectivos culturais a visibilizar a arte alternativa, variada e de cercanía en todos os seus estilos.
  • Denunciar e amosar o rexeitamento ao «actual modelo capitalista de evento musical que emulan empresas e tamén institucións públicas e mesmo colectivos culturais que se autodefinen como alternativos». Dende O Son do Camiño denuncian «o traspaso de cartos públicos a estes modelos que non teñen en conta a cultura de base, a promoción de novos valores e que só venden o produto do seu catálogo para enriquecerse». Máis grave aínda, denuncian «as subvencións de cartos públicos a empresas que organizan festivais como O Son do Camiño, Resurrection, Morriña ou Caudal (propiedade do fondo KKR), nun contexto de apartheid, ocupación ilegal e xenocidio contar o pobo palestino. Son macroeventos cómplices con crimes contra a humanidade (...), modelos de macroevento que tamén representan un xenocidio contra a cultura popular e de base». 

O que propón O Son do Campiño para este sábado 14 de xuño en Cerceda é unha tarde-noite de rebeldía, alegría, confraternidade e festa. Poderase mercar comida no pobo ou levar a propia. Todo será de acceso libre, e velaquí o menú artístico para o número 23 de avenida do Mesón: Peter Selek e as historias do doutor Própole (14.00), GendeBeat (14.50), O Reverendo Can (15.40), Dr. Garimba (16.20), Mr. Kamándula (17.10), Os Caudillos (18.00), 12 Labirinto (18.50), Broa (19.40), Ruxe Ruxe (20.30) e Zënzar (21.20). Con Komando Kultural Rabudo colabora o Concello de Cerceda.