Da pelota a «Baio ten as Letras», este mes de maio 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A exitosa iniciativa comercial da localidad suma contido cultural: todo, do 9 ao 11 de maio

03 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 9 ao 11 de maio • Hai xa dez anos nacía en Baio unha iniciativa comercial que foi capaz de inxerirse na identidade da localidade: Baio ten pelota. Agora, neste décimo aniversario, muda de nome e evoluciona a Baio ten as Letras, mantendo a esencia que fixo popular a proposta mais sumando contidos culturais. Tradición e novidade, unha «renovación con sentido», baixo a organización do Concello de Zas e a recentemente creada BaiOn Asociación. As propostas concentraranse entre o venres 9 e o domingo 11 de maio, mantendo elementos que foron un éxito, tales como descontos de ata o 20 % en tendas locais, ruta de tapas, animación de rúa e actividades infantís. Pasa a grande novidade por unha Feira das Letras, a celebrar na Praza Jorge Mira, con postos de venda de libros e artesanía relacionada coa lectura, cinco presentacións literarias, unha mostra fotográfica e obradoiros varios dirixidos aos pequenos.

Todas as compras realizadas nos negocios adheridos á campaña permitirán acumular cuños para participar en sorteos de premios económicos e levarase a cabo ademais unha andaina polo Carreiro do Río, ruta recentemente homologada. Esta cita, que rematará con sersión vermú benéfica na praza Jorge Mira, require de inscrición. Cultura, comercio e participación social para seguir «facendo medrar a vila».