![Antonio de Xornes e Yéssica Nantón regueifaron o pasado venres no local da asociación de veciños de A Agualada (Coristanco). O público emitiu veredicto, e a boneca levouna ela](https://img.lavdg.com/sc/sQ6groRoQBstZFQyE4FcvSG-oIc=/480x/2025/02/06/00121738858022074753224/Foto/CF7C6F1_1768.jpg)
Dúas presentacións, doazón de sangue, un retiro literario, divulgación sobre o cancro... Todo iso chegará hoxe
07 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Ademais do arranque dos Venres Culturais en Carballo —ver esta información—, outras citas para este 7 de febreiro na Costa da Morte:
Malpica • Presentación literaria • Continúa as viaxes de Os cómaros da vida: diarios 2020-2022, obra do coristanqués Xosé Antonio Andrade. O libro será presentado hoxe no Cornecho de Tano, en Malpica, acompañado o autor do mestre Paco Abella e do escritor e director de Edicións Espiral Maior, Fernán Vello. Ás 20.00 horas.
Carballo • Doazón de sangue • Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará este venres na Praza do Concello, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00.
Mazaricos • Regueifa • A improvisación oral volve chamar pola xente, e cada vez máis. Se a semana pasada houbo sesión en A Agualada, con vitoria para Yéssica Nantón, a de hoxe será en Casa Pego, Mazaricos, que inicia o festexo dos seus 75 anos. Mediranse nesta regueifa —22.15 horas— a propia Yéssica, Suso de Xornes, Antonio de Xornes e o local Diego Vidal.
A Laracha • Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol sub-14 e sub-16 • Botan a andar hoxe os partidos no campo municipal: 09.30 (Cantabria-Murcia), 11.30 (Estremadura-Aragón) e 13.30 (Murcia-Estremadura).
Fisterra • Contra o cancro • A partir das 10.00, mesa informativa e cuestación na Praza de Santa Catalina. Os nenos do Nosa Señora do Carme poranse ao fronte dun posto de venda para recadar fondos.
Fisterra • Retiro literario • Botan a andar no Bela Fisterra os tres días de «Eros en Fisterra», un retiro no que seis autores crearán outras tantas novelas curtas de temática erótica
Madrid • Literatura con sabor local • Se lle cadra de andar pola capital, hoxe ás 19.00, na biblioteca do Centro Galego de Madrid, presentarase o libro Finisterre, una luz más allá del Camino, de Carlos Javier Vega Briz.