Mobilización de sanitarios na Costa da Morte, hoxe, contra as agresións

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

MARCOS MÍGUEZ

Están convocada protestas para as 12.00 horas, ás portas de todos os centros de saúde

07 feb 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Profesionais sanitarios de Galicia estanse mobilizando estes días para protestar contra as agresións e clamar por maiores medidas de seguridade. As puñaladas en urxencias do Chuac a un enfermeiro zasense, ou a agresión a un pediatra en Muxía, tamén o luns, son os casos máis recentes, pero sen dúbida, á vista dos datos, non os únicos. En apoio a eles e a todos os agredidos, na Costa da Morte hai previstas hoxe mobilizacións ás portas dos centros de saúde, todas elas co mesmo horario: ás 12.00. Convocan os propios profesionais sanitarios.