![Movilización en Carballo](https://img.lavdg.com/sc/p7bVzbJNeTNrctWkFw08ueLLqmE=/480x/2025/02/07/00121738930742819289697/Foto/c_20250207_130655000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/kv0ZLLl80Ivu2pN3Y_wc3bVWoCY=/480x/2025/02/07/00121738930742127290605/Foto/c_20250207_130704000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/dEHWbreEnQGu0HxtT7lURmXYgq8=/480x/2025/02/07/00121738930742477197828/Foto/c_20250207_130701000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/egM-Cf7O6jabYX6jp3ogGJMVy9E=/480x/2025/02/07/00121738930743142678282/Foto/c_20250207_130648000.jpg)
![Movilización en Ponteceso](https://img.lavdg.com/sc/VgdJwyBHafLKi1uOItOkLTuEjkc=/480x/2025/02/07/00121738929185172495135/Foto/c_20250207_124445000.jpg)
![Movilización en Muxía](https://img.lavdg.com/sc/APmxcS8i8Tx35yFyAPDNznmDdgA=/480x/2025/02/07/00121738929182491621881/Foto/c_20250207_124501000.jpg)
![Movilización en Vimianzo](https://img.lavdg.com/sc/5K5r6vJoLaFRoaKuclNbRuG3elA=/480x/2025/02/07/00121738929061973946368/Foto/c_20250207_124631000.jpg)
![Movilización en Cee](https://img.lavdg.com/sc/5S43ZUc6csGG6u7eh_ySVBj8quc=/480x/2025/02/07/00121738929062646312632/Foto/c_20250207_124615000.jpg)
![Movilización en Cabana](https://img.lavdg.com/sc/WvwHxRAqSxiEEUMp-SJZFQLU-tc=/480x/2025/02/07/00121738929062966329996/Foto/c_20250207_124540000.jpg)
![Movilización en Laxe](https://img.lavdg.com/sc/9SFZ-rHIgxADtpYxv0B-9svHtm4=/480x/2025/02/07/00121738929121753907243/Foto/c_20250207_124528000.jpg)
![Movilización en Dumbría](https://img.lavdg.com/sc/F8vmRL4hBZPd5ygM4xKbV0mPmFQ=/480x/2025/02/07/00121738929122089292345/Foto/c_20250207_124516000.jpg)
![Movilización en Zas](https://img.lavdg.com/sc/wuVO-0uxA3PyTix_vtnHl8zJtWQ=/480x/2025/02/07/00121738936262477174612/Foto/c_20250207_143559000.jpg)
![Movilización en Fisterra](https://img.lavdg.com/sc/9ji1Z1kwrzYqJRZCYs3-CUkSYyM=/480x/2025/02/07/00121738936262115133305/Foto/c_20250207_143617000.jpg)
Profesionais da saúde mobilizáronse este mediodía ás portas dos seus centros
07 feb 2025 . Actualizado á 14:50 h.Ás doce deste mediodía, profesionais sanitarios da Costa da Morte saíron ás portas dos seus respectivos centros de saúde cunha finalidade unánime: mobilizarse contra as agresións a compañeiros e reclamar medidas de seguridade máis efectivas. O apuñalamento dun enfermeiro no servizo de urxencias do Chuac, ou tamén a agresión a un pediatra en Muxía, ambos o mesmo día, son as gotas que colmaron o vaso nunha situación que, denuncian, veñen vivindo desde hai moito tempo, soportando en silencio tanto agresións físicas como verbais.
Portando carteis, trasladando o seu apoio a compañeiros, e pedindo o cesamento desta violencia, léronse tamén manifestos. O álbum superior recolle as protestas en Ponteceso, Cabana, Dumbría, Cee, Muxía ou Vimianzo. No caso de Cee, e tamén de Zas, sumouse tamén a corporación municipal.