Venres de interese na Costa da Morte e ata de cásting tamén!

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Sergio Marey, comisario da exposición sobre Tini Falcés
Sergio Marey, comisario da exposición sobre Tini Falcés OSCAR CELA

Axenda diaria | Corcubión, Carballo, Camariñas, Coristanco, Cee e Malpica teñen destacadas propostas para este último día de xaneiro

31 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres 31 de xaneiro e, ademais da cita con Queremos Galego no Casino de Carballo —ver aquí—, estas outras citas na que é a derradeira xornada deste mes inicial do 2025:

CorcubiónTrinidad Falcés, coruñesa, faleceu no 2022 aos 80 anos. Estivo presa nun campo de concentración pola súa realidade de persoa queer. Encabezou no 1977 a primeira marcha LGTBIQA+ en Barcelona, onde residiu trinta anos. Encabezaban esa mobilización persoas trans e prostitutas, entre elas Trini: «Total, nós xa estamos mortas», responderon cando lles preguntaron por que o facían. Tres anos logo da súa morte, e da man da Deputación, réndeselle homenaxe cunha mostra e un libro, Relembrando a Trini, que xa pasaron por A Coruña, e que hoxe arriban a Corcubión: 19.00, biblioteca e Casa da Cultura. Comisaria Sergio Marey, quen estará acompañado por Fito Ferreiro, membro da entidade Palestra que acompañou a Trini nos seus últimos tempos.

CamariñasO salón de plenos do Concello de Camariñas acolle de 11.30 a 15.00 e de 16.00 a 19.00 un cásting de figurantes para a película A Nadadora: rodarase no municipio en febreiro e marzo. Búscanse, textualmente, «moitos homes e mulleres», de 18 a 65 anos: mariñeiros, xente do mar en xeral e «xente corrente».

Carballo • Ás 20.00 horas, no andar -1 do Pazo da Cultura, inaugúrase a exposición O son do nordés, de Loli España. É unha retrospectiva dos últimos 25 anos de traballo, técnicas variadas e motivos que tamén o son. Amenizará Susana de Lorenzo, con filmacións de Jesús ArtÉxtasis. Acceso libre.

Cee • Triple oportunidade para doar sangue na vila este venres. Haberá unidades en horario de mañá nos accesos aos institutos Fernando Blanco e Agra de Raíces (de 10.30 a 13.45), e tamén de tarde, diante do centro de saúde: das 17.00 ás 21.00.

MalpicaÁs 20.00, no centro cívico, charla A túa mellor menciña es ti. Falan dous veciños da vila con formación neste ámbito, Elena Facal e Alejandro Mato. Modera a técnica María Bardanca.