Sobresaliente en reciclaxe para o colexio Fogar de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Os escolares manifestaron durante a súa visita a Sogama estar moi familiarizados co colector marrón

30 abr 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Un centenar do alumnos de quinto de primaria do colexio Fogar de Carballo visitaron a sede de Sogama en Cerceda. Realizaron unha visita virtual mediante lentes inmersivas que comezou pola clasificación de envases lixeiros. Os estudantes tiveron a oportunidade de mostrar os seus coñecementos en materia de reciclaxe e tamén de separación de residuos e demostraron que están xa moi familiarizados co bo uso do colector marrón. Remataron cun percorrido físico en bus polo recinto.