Volve, do 10 ao 12 de maio, Baio ten a pelota

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana García

Organizará o Concello e haberá, como é costume, descontos en todo tipo de establecementos comerciais

28 abr 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Baio volverá citarse o mes que vén cunha das súas iniciativas comerciais máis populares. Os días 10, 11 e 12 de maio celebrarase unha nova edición de Baio ten a pelota, con descontos en todo tipo de establecementos na localidade, actividades paralelas e participación do tecido hostaleiro. Coa asociación local de empresarios nun impás á falta de atopar nova directiva, o Concello de Zas será o que asuma novamente a organización da cita, da que polo momento non se desvelou programación. Si avanzan que haberá prezos especiais e zumentos descontos en comercios de moda, electrodomésticos, beleza ou decoración.