A Xunta concede 55.255 euros a clubs deportivos de a Costa da Morte

m. r. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Sete solicitudes foron denegadas por non acadar a puntuación mínima

22 abr 2024 . Actualizado ás 16:50 h.

A Xunta concede máis de 55.255 euros en axudas a 47 clubs deportivos da Costa da Morte para o desenvolvemento de actividades . A resolución saíu publicada este luns no Diario Oficial de Galicia. Ademais, na comarca, sete solicitudes foron denegadas por non acadar a puntuación mínima.

A convocatoria corresponde a este ano e trae como novidade a posibilidade do anticipo do 80 % da contía concedida, o que lles facilitará o financiamento da actividade xa realizada no 2023. «Ademais, a pronta resolución desta convocatoria, permitiralles reducir a súa incerteza financeira neste 2024», destacan desde a Consellería de Deportes.

A liña era en réxime de concorrencia competitiva. As cantidades das axudas podían ser de ata 10.000 euros por entidade, salvo para os núcleos de adestramento especializado, con contías maiores. O importe máis alto na Costa da Morte foi para o Balonmán Xiria, con 5.430 euros. Son en total 2 millóns para máis de 1.300 agrupacións na Comunidade.

Os beneficiarios da zona dispoñen do prazo dun mes a partir de este martes para a presentación das solicitudes de abono e da documentación justificativa. Contra esta resolución pode interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous.

Axudas aprobadas: Fogar, 2.935 euros; Tenis de Mesa Zas, 929; Baloncesto Costa da Morte, 538; Olimpia, 831; Volei Xiria, 1.027; Atlética A Silva, 1.223, Bergantiños, 3.815; Cabana, 929; Camariñas, 500; Sal, 2.054; Arte e Movemento, 2.788; Atlético Carballo, 500; Atlético Cercedense, 1.174; Artai, 733; Club Ciclista Carballo, 500; Dumbría CF, 1.320; Muxía, 880; Tiro Olímpico Laracha, 3.669; Cerqueda, 1.418; Lubiáns, 1.125; Luís Calvo, 1.320; Baloncesto Laracha, 1.320; Fisober, 1.810; Kárate DO, 782; Natación Cerceda, 500; Patiart, 587; Ponteceso SD, 1.320; Rítmica Carballo, 500; Fisterra, 1.712; Pesca Neria, 500; Sporting Zas, 500; Taekuondo Juan, 1.174; Paiosaco, 3.375; Volei Dumbría, 3.718; Xadrez Irindo, 500; O Toque Xiria, 500; Piragüismo Dumbría, 684; Basket Xiria, 3.082; Escola de Fútbol Camariñas, 978; Balonmán Xiria, 5.430; Kárate Torás, 500; Judo Bergantiños, 684; Sysca, 1.614; Sofán, 1.907; Coristanco, 1.076; Soneira, 538, e Cee, 1.565.

Denegadas: Club do Mar, Porteño, 3AG, Vidal Racing, FR Sport, Sandra García e Virsal.