Un Sofán en estado de graza achégase aos postos nobres da Preferente(4-0)

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

En Primeira, non se presentou o Laracha, gañaron o Club do Mar e o Dumbría, perdeu o Fisterra e empataron San Lorenzo e Baio no derbi

22 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Xa sen xogarse practicamente máis nada que os puntos en cada partido, o Sofán sacou a relucir o seu mellor fútbol e, sobre todo, acompañoulle por fin a sorte de cara a gol. Ante o Castro (4-0) sumou a súa cuarta vitoria consecutiva, nas que logrou 15 goles a favor e só encaixou 3. Unha dinámica extraordinaria que os colocou sextos, con seis puntos menos que o Sigüeiro (3º) e oito menos que o Boiro (2º), a falta de catro xornadas por disputarse.

Onte, no Carral saíu a por todos desde o inicio e á media hora xa mandaba 2-0 no marcador tras os goles de Bandeira e Javi Souto. Martín Pereira, un dos mellores do partido, fixo o terceiro ao pouco de saír dos vestiarios, e Currás culminou a goleada, aínda que puideron ser máis.

O Laracha non se presentou

O Laracha cumpriu coa palabra que entoara o seu presidente e non se presentou a xogar ante o Lóstrego, confirmando o seu descenso a Segunda Galicia. Na mesma liga gañou o Club do Mar ao Ural (4-2). No grupo 2, perdeu o Fisterra contra o Cordeiro (0-4), venceu o Dumbría ao Flavia (3-1) e empataron San Lorenzo e Baio (1-1). Os baieses seguen así en postos de descenso.