Zas acolle tres campionatos galegos esta semana Santa

m. r. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Haberá un adaptado, outro inclusivo e un terceiro e último veterano

27 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O pavillón de Zas será a sede desde mañá ata odomingo , incluído, de tres campionatos galegos de tenis de mesa. O primeiro día disputarase un adaptado. O venres será a quenda do inclusivo, que celebrará a primeira edición. Xa o sábado, dará comezo o veterano, por categorías de idade, e continuará o domingo, por equipos.

Patrocinados pola Xunta de Galicia, organízaos a federación autonómica e están apoiados polo Concello e o club ADZas , que agradece a axuda do Concello e que o ente federativo pensase neste municipio. Dezaoito mesas agardan no recinto.