Derrota pola mínima do Calvo Xiria en Lalín (27-26)

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Basilio Bello

Suman tres xornadas sen gañar antes do descanso por Semana Santa

24 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Tras unha excelente dinámica, o Balonmán Xiria sumou onte a súa segunda derrota consecutiva e enlazou tres semanas sen gañar. Caeu na pista do Disiclín Lalín (27-26), nun derbi que se decidiu nos últimos minutos, a pesar de que os locais levaron a iniciativa todo o partido no marcador. Dous goles de Mario Cancela significaron o empate a 26 a menos de dous minutos para o final, pero a efectividade dos pontevedreses derivou en que a balanza se declinase para o seu lado. Precisamente Cancela foi o máximo artilleiro para os carballeses con sete tantos, un máis que Chimpo Rodríguez e Aarón Rodríguez.

Os de Adrián Dubra poderán perder hoxe a sexta posición se o Bueu gaña ao Tejina. O sábado 6 de abril agarda un novo derbi, esta vez no Vila de Noia, fronte ao Oar Coruña.