Vinte e seis pescadores compiten hoxe no torneo do Cabo Vilán

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

DIEGO ALONSO

A actividade arrincará ás 8.00 horas na lonxa coa presentación dun programa que conta con suculentos premios

23 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Vinte e seis pescadores daranse cita hoxe en Camariñas para competir na 14ª edición do Campionato de Pesca no Cabo Vilán. A actividade arrincará ás 8.00 horas na lonxa coa presentación dun programa que conta con suculentos premios: 500 euros para o gañador; 300 euros para o segundo clasificado e unha cana e un carrete para o terceiro. Ademais, o mellor pescador camariñán levará un reloxo e o responsable da maior captura gañará unha cana.

O campionato constará dunha manga, que empezará ás 9.00 e concluirá ás 15.30 horas. O espazo permitido é desde o Castelo do Soberano ata a Praia de Trece. Ao rematar, as capturas irán para a lonxa para pesarse e determinar quen serán os gañadores seguindo as bases. Cada persoa poderá levar o pescado para casa ou doalo a Cáritas Parroquial de Camariñas.