Alba Lamas e Noa Ferreiro, da Fogar, coa selección galega ao CESA

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

O torneo dispútase desde este venres e ata o domingo en Cádiz

08 mares 2024 . Actualizado ás 22:18 h.

As nadadoras alevíns da AD Fogar de Carballo e Arteixo Alba Lamas e Noa Ferreiro recibiron a chamada para participar con Galicia no décimo campionato de España por seleccións autonómicas. O torneo dispútase desde este venres e ata o domingo en Cádiz . Concursan todas as comunidades e 365 deportistas, dos que 20, co combinado galego.