O tradicional campionato de pesca Cabo Vilán está en prazo

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

DIEGO ALONSO

Será este sábado, pola mañá, en Camariñas

07 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde o Castelo do Soberano ata a praia de Trece, en Camariñas , desenvolverase este sábado o XIV Campionato de pesca Cabo Vilán, para o que aínda está aberto o prazo de inscrición no teléfono 662.488.253 ata o venres ás 12.00 horas. Organiza a asociación de empresarios e de promoción turística local cos apoios do Concello, a federación galega, a confraría e Protección Civil de Camariñas.

A xornada arrincará ás 8.00 coa presentación do programa na lonxa, onde tamén concluirá co pesado das capturas. Logo, haberá unha única manga, de 9.00 a 15.30, e posterior comida. Cinco serán os premios, variados, para os mellores.