Unha clase de Xeoloxía sen saír do territorio malpicán

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Alumnado de bacharelato do Fogar de Santa Margarida viu sobre o terreo nocións teóricas

06 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Alumnos de primeiro e segundo de bacharelato do Fogar de Santa Margarida (A Coruña) continuaron onte sobre o terreo, na Costa da Morte, a aprendizaxe de Xeoloxía que veñen desenvolvendo nas aulas. O que fixeron foi, realmente, unha ruta xeolóxica polo municipio de Malpica , saíndo pola mañá de Beo e arribando á capital municipal para un xantar en hostalería local. Quedaría para a tarde Nariga e as súas formacións rochosas, así como os muíños de Ardeleiro. Acompañaron a expedición varios docentes, entre eles o malpicán Xosé Manuel Varela, o larachés Marcos Díaz, o lucense Jaime Pumares ou un antigo alumno en prácticas. A viaxe deu pé a lembrar nocións de fallas, formación de illas...