A Costa da Morte acollerá o VII Encontro Internacional Starlight

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Garcia

O destino foi seleccionado entre outras oito candidaturas. Hoxe coñeceranse todos os detalles

22 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A Costa da Morte foi seleccionada entre outras oito candidaturas de España e Latinoamérica para acoller o VII Encontro Internacional Starlight en outubro . Esta cita, promovida pola Fundación Starlight, reúne a profesionais, empresas, entidades públicas e privadas, medios de comunicación e monitores e guías Starlight para versar sobre astroturismo, desenvolvemento sostible local, patrimonio natural e cultural vinculado á luz das estrelas, protección do ceo e difusión da astronomía. Ademais, a edición do 2024 prevese especialmente relevante xa que coincidirá no tempo coa celebración da V Conferencia de Guías e Monitores Starlight e a distinguida II Conferencia Internacional Starlight de Astroturismo. A xunta directiva da Asociación Turística Costa da Morte (CMAT) debullará os detalles hoxe, ás 11.00 horas, nas Torres do Allo, de Zas, onde tamén informará sobre os próximos pasos a dar como destino astroturístico.