Memoria dun medicamento xa pasado

P. B. M. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O Abaladoiro | Participantes do club de lectura Arao, na Ponte do Porto, mantiveron un encontro con Héctor Lema

20 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Canto se pode coñecer a unha persoa, un escritor ou escritora, a través daquilo que relata aínda que o que conta sexa en gran medida ficción? Semella que bastante, e poden dar conta diso os participantes no club de lectura Arao, da Ponte do Porto, que acaban de manter un encontro con Héctor Lema Paz ao redor do seu libro Ouna vida como a túa. «Nado na Ponte e fillo do médico de familia titular do lugar durante moitos anos, hoxe exerce como odontólogo na súa clínica, non moi lonxe de aquí, en Carballo», presentan desde el club al autor. Efectivamente, filtrando «anacos de realidade da ficción literaria», se pode saber máis do autor, de como influíu nel o seu pai e do tanto que «lle ensinou para a súa carreira en medicina primeiro e en odontoloxía despois». Unha época, unha forma de vida e unha forma de exercer a profesión que, sexa como for, xa non existe. E que hai sobre Unha vida como a túa? «Héctor proponnos na súa escrita unha navegación por dúas épocas diferentes, pero sumamente enlazadas entre si (...)», apuntan. Un percorrido polas parroquias locais e ao tempo por terras do Caribe...