Á Universidade, e sen ter que entrar en cidade

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Comezou en Baio unha nova edición da Universidade Sénior na Costa da Morte

20 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Sexta edición xa a que comezou este luns en Baio . Acolleu o centro sociocultural da localidade o inicio dun novo curso desta nova remesa de contidos que chegan a través da Universidade da Coruña (UDC) e do seu programa de democratización «do coñecemento» que é a Universidade Sénior, para maiores de 50 anos de idade. En colaboración con Xunta de Galicia, GDR e Concello de Zas, esta de Baio foi a primeira sede do proxecto de levar ensinos universitarios ás comarcas. «Foi o primeiro lugar da Costa da Morte e mesmo da provincia, fóra de Ferrol, donde se experimentou con esta fórmula. Tan boa que a a exportamos, hai que poñer un copyright», chanceou o alcalde de Zas , Manuel Muíño, quen presidiu o acto de apertura. 

Referíase con iso á inauguración recente doutra sede, en Carballo. A pesar da proximidade, Baio segue mantendo un número elevado de alumnos, 58 estudantes nesta sexta edición, chegados de sete concellos. «Un éxito, unha boa sinal. Vemos que algúns repetides ano tras ano, e iso quere dicir que estades a gusto e obviamente que se acerta cos contidos. É reconfortante tervos aquí de novo», engadiu. 

ANA GARCIA

ANA GARCIA

Matilde García, directora da Universidade Sénior da UDC, agradeceu tamén a confianza. Haberá contidos teóricos e prácticos ata o mes de abril, baixo tres módulos: patrimonio e sociedade; ciencia e tecnoloxía; e saúde e benestar. A primeira sesón foi xa este luns, coa profesora Elvira Santiago Gómez, en torno ao imaxinario social da natureza e os seus desastres.