O verde reluciu na Costa da Morte para visibilizar o Día mundial contra o cancro

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Camariñas
Camariñas DIEGO ALONSO

Foron moitos os equipos que se sumaron á causa, coas xuntas locais moi activas

04 feb 2024 . Actualizado ás 21:24 h.

A Costa da Morte sumouse este domingo en masa á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro desde distintos puntos.

Malpica
Malpica .

.

Cabana
Cabana BASILIO BELLO

Se os brazaletes de esperanza foron unha constante nos campos de fútbol de Cabana, Ponteceso, Malpica, Fisterra ou A Laracha, en Camariñas ou Carballo, as xunta locais da Asociación Española Contra o Cancro saíron á rúa con grandes pancartas para seguir loitando contra a enfermidade. Estes actos estiveron apoiados por moitos concellos.