A Festa dá Pataca trasládase á tasca: este bar non para de dar premios de sorteos

Santiago Garrido Rial
s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Selados dous décimos do número gañador da Lotería Nacional do xoves

12 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A tasca A Pataca, de Coristanco , non para de dar premios no seu terminal de loterías , e xa empeza a ser unha festa da sorte. É xa unha Festadá Pataca , pero doutro tipo, aínda que, postos a buscar paralelismos, cando empezou a soada de exaltación do tubérculo fíxoo non moi lonxe deste local na rúa Muíño. A celebración neste caso é para o afortunado posuidor ou posuidores dos dous décimos do primeiro premio da Lotería Nacional do xoves, co número 60859. Cada décimo leva 30.000 euros.

A responsable do establecemento, Maricarmen Barca, tiña onte coñecemento de que era máis dun décimo o que se sacou por máquina de xeito automático. Desde a sede de Loterías, en Madrid, indicaron que se despacharon dous décimos. Total, 60.000 euros. É unha boa cantidade, pero lonxe dos grandes premios que ha ir dando nos últimos anos. Fai un, en só dous meses, dous moi importantes. O primeiro, o 5 de xaneiro, unha bonoloto de 186.000 euros, por seis acertos. Foi unha cantidade máis elevada que a dos décimos de Reyes, sorteados o día despois. O segundo, o 24 de febreiro, o premio O Millón de Euromillones , o día 24 dese mes. O nome xa o di todo: nada menos que un millón de euros.

Nese momento, o local xa atesouraba varios bos premios, pero foi como a espoleta para incentivar o tento á sorte de moitos clientes, así que as vendas non pararon. Nadal e Reyes tamén se venderon moito, e con algunhas cantidades importantes, pero non as que reciben o eco mediático, como aquel segundo premio da lotería de Nadal do 2016 (125.000 euros), ou o pleno ao 15 da quiniela o 25 de setembro do 2013. No 2018, un quinto premio da Lotería de Nadal (6.000 euros). En decembro do 2017, 10.000 euros por unha primitiva na modalidade Joker, e máis adiante, outro máis. No sorteo de Nadal do 2022 vendeu o número anterior ao gordo. O reconto pode facerse de xeito directo no propio local, con numerosos carteis acreditando cada golpe de sorte. Xa case non queda sitio para máis. «Si que hai, teño todo o bar», chanceaba onte pola tarde Maricarmen, moi atareada entre atender á numerosa e habitual clientela e ás pequenas filas de persoas que comprobaban os seus boletos ou selaban un.

Este último, que acaba en 59, é ademais o que sempre xoga a propietaria, por ser o seu ano de nacemento. Non o fixo neste caso, e ademais é imposible xogar a todos os 59 de cada serie, pero si lle produciu unha certa alegría ver que os euros chegaban nesa terminación.

ANA GARCIA

O do millón de euros foi o premio de maior contía que deu este establecemento, que abriu o 14 de maio de 1982, polo que cumprirá neste 2024 xa 42 anos. O despacho receptor de lotería (con máquina) é máis recente, uns 24 anos, e foi un traslado doutro local. O bar actual leva 14 anos, desde o 2010, coa máquina expendedora. Aínda que na Costa da Morte hai locais cun historial excelente de premios, sobre todo certas Administracións, é difícil atopar tal sucesión de euros neste breve período en despachos desta características.