A «Encrucillada» de Luar na Lubre chegou a Fisterra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

VÍCTOR HUGO CONDE

Bieito Romero e Xabier Ferreiro presentaron no Bela o 20.º traballo da banda

23 dic 2023 . Actualizado ás 20:26 h.

«Non se entendería o Bela Muxía, o Bela Fisterra nin os apartamentos Portocubela sen Luar na Lubre. Dotan de espírito, de alma, de latexo». Con estas palabras explicou Pep e Formoso a importancia da banda para estes espazos. No hotel literario fisterrán presentaron Bieito Romero e Xabier Ferreiro o 20.º traballo da formación, Encrucillada XX. Ante unha «casa chea» e en noite de solsticio, encandearon xunto a voces como as de Nerium, Modesto Fraga, Rafa Quintía, Xabier Maceiras ou Xosé Iglesias.