Calvo, entre as grandes empresas da Feira de Emprego

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Será na Coruña o 7 de novembro

30 oct 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O Grupo Calvo, de Carballo , será unha das destacadas empresas que participará na Feira de Emprego, que organiza a Cámara da Coruña, e que acada a súa edición número 14. Será o 7 de novembro en Palexco . Outras das compañas confirmadas son Abanca, Aena, El Corte Inglés, Gadisa, Grupo Gestán ou Repsol. Todas teñen procesos de selección abertos, e recollerán currículos de mozos desempregados, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. As anotacións son gratuítas, e poden facerse na web da Cámara.