Controlado un incendio forestal en Rebordelos, Carballo

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada non chegou a unha hectárea

29 ago 2023 . Actualizado ás 20:48 h.

Un incendio forestal está controlado na parroquia de Rebordelos, Concello de Carballo, desde as oito da tarde deste martes. Iniciouse ás seis e media. A Consellería de Medio Rural, dependente da Xunta de Galicia, mobilizou a un axente, catro brigadas, tres motobombas, dous avións e mesmo número de helicópteros

Desde Protección Civil Carballo desprazáronse ata a zona afectada, aínda que non foi necesaria a súa intervención. Indicaron que o foco se atopaba entre Baldaio e Leira, próximo ao campo de fútbol. Unha superficie de monte raso, afastada das vivendas.

Desde o departamento responsable, confirmaron que ao final quedou nun conato, é dicir, o terreo afectado non acadou unha hectárea.