Arrinca o plan do GDR Costa da Morte para recuperar cultivos de variedades tradicionais

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Na zona plantaranse parcelas experimentais con repolo de Bergantiños

19 jul 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Coa firma de convenios de colaboración con produtores de horta da comarca arrincou o plan do GDR Costa da Morte de recuperar variedades tradicionais. Así, na zona plantaranse parcelas experimentais con repolo de Bergantiños.

No mesmo acto procedeuse á entrega dos plantones a cada un dos participantes. Os sementeiros foron realizados por técnicos do centro de promoción rural EFA Fonteboa, en cuxas instalacións se celebrou o acto.

Os campos de ensaio estarán nas propias explotacións de cada un dos participantes, en parcelas que foron debidamente identificadas mediante un cartel informativo que foi facilitado polo GDR. A idea é valorizar os produtos autóctonos.