O PP de Muxía pide declarar o ano López Abente no 60.º aniversario da súa morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Gonzalo López Abente, retratado por Quintás Goyanes
Gonzalo López Abente, retratado por Quintás Goyanes real academia galega

Os populares propoñen, doutro lado, que o colexio dos Muíños leve o nome do poeta

11 jul 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Muxía rexistrou onte mesmo unha moción na que propón que o colexio dos Muíños leve o nome de Gonzalo López Abente. É só un dos puntos da iniciativa para pór o valor a figura do poeta muxián no 60 aniversario do seu falecemento. Lembra a portavoz popular, Sandra Vilela, a necesidade de que as novas xeracións de muxiáns coñezan a súa figura e «importancia da obra literaria deste autor».

«Parece ser que a figura da fundación xera problemas burocráticos pero a resposta non pode ser non facer nada, por iso propomos que se cree una asociación que substitúa á fundación que sexa incentivada e promovida polo Concello», sinala a concelleira. Precisamente o 23 de xullo cumpriranse os 60 anos do falecemento do autor, polo que desde o PP pretenden que se «impulse dende o departamento de Cultura de aquí ata o final do ano unha programación cultural específica».