«Atrápame podar», da TVG, busca novos concursantes

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Haberá un cásting en Cee o próximo 20 de abril: mañá e tarde, na Praza do Mercado

14 abr 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis de 125.000 euros repartidos e un bote que supera os 79.000 son algunhas das bazas coas que o popular concurso da TVG «Atrápame podar», con Paco Lodeiro á fronte, busca novos concursantes. Voz Audiovisual informa de próximos cástings, e un deles será na Costa da Morte: o 20 de abril, na Praza do Mercado de Cee, ou no centro comercial Finisterrae no caso de que chovese: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00. Buscan maiores de idade, espontáneos, divertidos e con bo humor á hora de responder as preguntas.