As obras do saneamento de Cee reducirán as verteduras á ría nun 80 % en días de choiva

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou os traballos, que xa están en marcha e que se desenvolverán durante 18 meses

19 novs 2022 . Actualizado ás 14:20 h.

Se todo sae segundo os prazos previstos, na primavera de 2024 a calidade das augas da ría de Corcubión terán mellorado considerablemente. Será consecuencia das obras de mellora do saneamento que se están executando actualmente e que este venres foron visitadas pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Estivo acompañada pola rexedora de Cee , Margot Lamela, por representantes de todos os partidos da corporación e polo xa anunciado candidato popular á alcaldía, Jesús Picallo, así como polo deputado Rubén Lorenzo.

Os traballos están valorados en 8,1 millóns de euros e serán executados co obxectivo de «reducir nun 80 % os verquidos en tempo de chuvia e completamente en tempo seco», indican. Tras analizar os sistemas de saneamento de Cee e Corcubión detectáronse unha serie de deficiencias no funcionamento dos bombeos, na rede de colectores e nos pozos de rexistro. No caso da vila da Xunqueira, as verteduras danse nas canalizacións do núcleo principal, derivándose cara aos ríos de Brens e Cee e ao rego de Laxes, «o que deriva en que a praia urbana teña con frecuencia prohibición de baño», explica Infraestruturas.

.

A primeira fase do proxecto, a que se está levando a cabo, ten un prazo de execución de 18 meses e consiste na renovación do colector de , As Laxesreparándose as canalizacións da marxe dereita do río, e na construción dun novo tanque de tormentas con estación de elevación. Tamén se executará un novo colector, que substituirá ao bombeo de e As Monxas conducirá as augas ata o tanque, para que despois sexan bombeadas cara á depuradora. Habilitarase, así mesmo, un desvío e un colector de vertedura que permitirá dirixir as augas ao tanque de tormentas ou aliviadas. Para rematar, habilitarase un novo bombeo ata a depuradora desde o recentemente construído tanque de tormentas.

Para complementar estes traballos, que están cofinanciados pola Unión Europea, a Xunta traballa xa na redacción do proxecto para construír unha nova depuradora.