O Bergan ficha á dianteira Isa Bravo, do Cerqueda

Antón Lestón Lago
Antón Lestón CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

A xogadora xa militara no equipo de Gueli Cotelo hai dúas tempadas

15 sep 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda que xa debutou o pasado domingo no encontro ante o Atlético Arousá, o Bergantiños feminino, que dirixe Gueli Cotelo, anunciou este mércores a fichaxe da venezolana Isa Bravo, procedente do Cerqueda, que xa anunciara a súa renovación. A dianteira é unha vella coñecida, pois xa xogou no club das Eiroas.