Salvamento realizou un exercicio na ría de Corcubión

m. r. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

SALVAMENTO MARÍTIMO

Centraron esforzos en adestrarse para o despligue de barreiras anticontaminación

27 ago 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

O buque Don Inda e a base estratéxica de operacións da Coruña e operacións especiais de Salvamento Marítimo acudiron este xoves á ría de Corcubión para levar a cabo un exercicio de loita contra a contaminación. O xefe do centro de coordinación Fisterra, Manuel Capeáns, explicou que o obxectivo básico é o «adestramento periódico da tripulación no despregamento das barreiras anticontaminación». Buscan así optimizar os tempos de actuación. A barreira foi remolcada pola unidade e a embarcación auxiliar realizou unha configuración «en J inmediata».