Iniciativas solidarias en Laxe, Caión e Cabana en favor de Ucraína

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Colegio de Caión
Colexio de Caión ANA GARCÍA

O colexio caionés organizou para hoxe unha carreira e no CPI As Revoltas celebrarán un acto pola paz. Abellariza, por outra banda, levará a cabo en abril unha andaina

18 mar 2022 . Actualizado á 05:00 h.

O colexio de Caión (A Laracha) ten organizada para hoxe a segunda edición da súa carreira solidaria, este ano en favor dos damnificados en Ucraína polo actual conflito. Participarán o itinerario, desde as 10.20 ata as 11.20 horas, alumnos de infantil e primaria. A recadación de todo o centro, informa o seu director, José Roca, será ingresada na conta bancaria da oenegué Cruz Vermella. Tamén para hoxe, ás 12.00 horas, ten previsto o CPI As Revoltas de Cabana un acto pola paz: participará toda a comunidade educativa, así como os nenos da escola de Neaño. Está invitado, así mesmo, o equipo de goberno municipal, avanzan.

A entidade Abellariza, doutro lado, organizou para o 3 de abril unha andaina solidaria por Laxe, en beneficio da infancia afectada pola invasión de Ucraína. Serán 8 quilómetros e unhas tres horas (10 euros, seguro incluído). Inscricións en abellariza.es. Colabora o Concello laxense.