O lume destruíu dous coches esta madrugada, un en Camariñas e outra na localidade fisterrá Padrís

X. A.

CARBALLO

PC CAMARIÑAS

Protección Civil e os bombeiros do parque de Cee evitaron males maiores en ambos os casos

29 novs 2021 . Actualizado ás 14:06 h.

Un incendio destruíu por completo un coche Seat Eivissa que estaba estacionado nas inmediacións do Castelo do Soberano de Camariñas. Os feitos ocorreron sobre as tres desta madrugada, momento no que foron advertidos os membros de Protección Civil. Cando os voluntarios chegaron ao lugar do suceso, o automóbil xa estaba practicamente destruído. O seu traballo consistiu en evitar que o lume se estendese a outros obxectos da contorna.

As chamas afectaron a outro automóbil, de marca Ford, que estaba aparcado xunto ao Seat Eivissa. Con todo, os danos son de escasa consideración,pois o lume só afectou a unha defensa. Así mesmo, dous colectores situados nas inmediacións do suceso quedaron deteriorados por mor das altas temperaturas orixinadas na deflagración. 

   Pasadas as doce e media desta madrugada tamén foron avisados os bombeiros de Cee de que estaba ardendo un vehículo nun garaxe de Padrís , en Fisterra. Tres membros do equipo desprazáronse ao lugar do suceso para realizar labores de extinción. O lume non só destruíu por completo o coche, senón afectou tamén a construción que o acollía, pois o teito se derrubou en parte. As tarefas prolongáronse ata as dúas e dez.