Cortada, pola obra da ponte, a vía que enlaza Baio e Baíñas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

Será hoxe e mañá, de 8.00 a 20.00 horas. A alternativa é ir por Bamiro

29 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A colocación das laxas para a ampliación da ponte sobre o río Grande, que estará pechado ata o día 10 de decembro, farán necesario un corte de tráfico tanto hoxe como mañá na vía que enlaza Baio e Baíñas, á altura da Piroga. Non poderán circular vehículos de 8.00 a 20.00 horas debido á presenza de maquinaria de gran tonelaxe. Deseñouse e sinalizado un itinerario alternativo por Bamiro.