Carballido, aos edís que asinarían a moción de censura en Ponteceso: «Por que non o fixestes antes?»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Basilio Bello

O alcalde carga contra os seus opositores por facer perder ao Concello, segundo el, «un millón de euros do Plan Único»

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A posibilidade de presentar unha moción de censura ao alcalde de Ponteceso, o socialista Lois García Carballido, hai tempo que plena sobre a política deste municipio, pero agora parece cuestión de días. A proposta estaría encabezada polo grupo dos non adscritos, que son 5, e apoiada polos dous edís de Apin. Sete asinas, xa que logo, con Raquel Fondo como candidatura para substituír ao rexedor.

Carballido pronunciouse respecto diso e desde o goberno local deste concello expón unhas preguntas: «Se queríades facela, por que non a fixestes antes? Así Ponteceso non perdía un millón de euros do Plan Único. Por que rexeitastes os cartos primeiro, e agora queredes gobernar?».

Contratacións co PEL e aglomerado en Pazos de Arriba

O financiamento da Deputación permitiu contratar cinco operarios no municipio pontecesán, a través do programa PEL-Concellos: recibe 74.000 euros para financiar as contratacións. Foi onte mesmo, indicou o organismo provincial, cando empezaron a traballar un operario-condutor, dous albaneis e dous operarios de servizos múltiples.

Doutro lado, informou o consistorio, finalizou en Pazos de Arriba o maior aglomerado da súa historia: 1,2 quilómetros de pistas, agora en mellores condicións.