Tres choques de envergadura para o Bergantiños CF, o Volei Dumbría e o Balonmán Xiria a próxima xornada

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

basilio belo

A zona alta de cada unha das súas clasificacións está máis viva que nunca

18 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Tendo en conta que, polo momento, non se aprobaron os novos calendarios das competicións autonómicas, nas que compiten os equipos da Costa da Morte, os torneos nacionais centrarán a atención dunha nova xornada a próxima fin de semana para os conxuntos representantes da zona.

En Terceira División de fútbol , as formacións volven á carga. Será unha xornada na que se só se xogarán partidos aprazados. Por este motivo, o Paiosaco non saltará ao terreo de xogo. Si o farán o domingo o Bergantiños e o Fisterra. Os carballeses reciben nas Eiroas (17.00 horas) ao segundo clasificado, o Somozas. Deberán loitar por manter o liderado. Pola súa banda, os verdes viaxan a Cantarrana (16.30) para medirse ao Viveiro, da zona media.

En Primeira estatal de balonmán , o líder, o Calvo Xiria, viaxa o sábado á Cañiza (18.00) para medirse co equipo local que marcha cuarto na táboa. Porá a proba a imbatibilidade dos bergantiñáns nos últimos meses.

En Superliga 2 de voleibol, O Conco acollerá o sábado (18.30) o estelar choque entre o primeiro e o segundo clasificados, o Laura Otero e o Dumbría, respectivamente. Pode haber sorpasso dumbriés na táboa.

Para rematar, en Liga EBA de baloncesto , o Basket Xiria recibe tamén o sábado no Vila de Noia (17.00) ao líder, o Chantada.