O programa «Cantas ou non?» busca concursantes en Bergantiños

La Voz

CARBALLO

Producido por Voz Audiovisual, está baseado no formato de karaokes: ¡estes son os requisitos!

16 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O programa «Cantas ou non?», da TVG, producido por Voz Audiovisual, busca concursantes na comarca de Bergantiños. Persoas ás que lles guste cantar e queiran, ademais, pasar un bo intre. Baseado no formato dos karaokes, emítese polas tardes, de luns a venres. Desde o pasado mes de xullo o programa percorre co seu escenario itinerante diversas localidades galegas, levando ata elas a verbena que falta este ano debido ao covid. É por isto que busca concursantes, de todas as idades, aínda que sempre superando os 18, de cara a participar no espazo. «Homes e mulleres, mozos e mozas... Xente divertida, alegre, extravertida, con ganas de pasalo ben e á que lle guste cantar no karaoke, sexan profesionais ou afeccionados», apuntan.

Os interesados en participar no cásting poden enviar un vídeo de presentación indicando o seu nome e apelidos e cantando a súa peza favorita, por WhatsApp, ao 687 208 550 ou ao correo ana.fontan\vozaudiovisual.com.