Xornada en liña de Axober sobre riscos laborais

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

SASCHA STEINBACH

Será este mércores ás 20.00 horas e emitirase a través de Facebook e Youtube

01 jun 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños prepara unha sesión informativa online sobre riscos laborais en tempos de covid-19 para asesorar ás empresas sobre como actuar ante este virus. Será este mércores ás 20.00 horas. Os interesados poden seguir en directo a emisión a través de Facebook e Youtube no perfil de Axober. Haberá catro relatores. Os espectadores poderán realizar consultas.